Querid@s nenos e nenas:
Estou moi contento con todas as receitas que recibín😃. Creo que vou facer un receitario con todas elas e deixalo na biblioteca. Teño que pensar como clasificalas porque na Casiña do Maxín había de todo: primeiros pratos, segundos pratos, sobremesas... e de moitos países! Descubrín unha chea de ingredientes, sabores e elaboracións novas. Tamén sei que colaboraron moito na casa polo que estou aínda máis contento e desde aquí envío as grazas a todas as familias participantes.
Agardo que todas e todos gozarades moito con esta actividade en familia. Eu estou máis alegre que un cuco! ( Por certo...entre marzo e abril o cuco ha de vir).
Saudiños e ata a próxima aventura literaria!